Lugo, Sarria e Monforte abren o verán cos XII Xogos do Eixo Atlántico

•As tres sedes acollerán simultaneamente as competicións do 4 ao 9 de xullo

O concelleiro de Deportes de Sarria, Efrén Castro, participou na presentación en Lugo dos XII Xogos do Eixo Atlántico, xunto á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Deputación, Darío Campos, entre outros representantes públicos. GPDL
• Do 4 ao 9 de xullo, un total de 1.850 rapaces e rapazas participarán nos XII Xogos do Eixo Atlántico, nas sedes de Lugo, Sarria e Monforte. Esta é a primeira vez que a cita deportiva se celebra en tres cidades galegas de xeito simultáneo.
ESPÉRANSE MÁIS DE 6.000 VISITANTES POLOS XOGOS
Os participantes, que proceden dos 29 municipios galegos e portugueses integrantes do Eixo Atlántico, virán acompañados por técnicos e familiares, co que se espera unha afluencia de preto de 6.000 persoas durante os días da competición.
VOLEIBOL EN MONFORTE E XIMNASIA RÍTMICA EN SARRIA
As probas disputaranse de xeito simultáneo nas tres vilas, con reparto de disciplinas deportivas. Así, Monforte acollerá a competición de voleibol, e Sarria a de ximnasia rítmica, deporte que se estrea nos Xogos deste ano. Pola súa banda, Lugo será a sede das probas de fútbol, baloncesto, atletismo, natación e as modalidades adaptadas destes dous últimos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O club Neka achégase ao final de curso con 84 medallas en competición

Seguinte Nova

Aberto o prazo para inscribirse no Programa Deportivo de Verán de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss