Monforte reuniu aos voluntarios da Cruz Vermella de Galicia no seu encontro anual

O XX Encontro do Voluntariado da Cruz Vermella de Galicia tivo lugar en Monforte o 17 de xuño, coa participación de representantes institucionais, como o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. GPDTL

Máis de 250 persoas participaron no XX Encontro do Voluntariado da Cruz Vermella de Galicia, que tivo lugar en Monforte o pasado 17 de xuño. O acto, celebrado no Edificio Multiusos, contou coa presenza de Carmen Colmeiro, presidenta da Cruz Vermella de Galicia; Gloria Prada, tenente de alcalde de Monforte de Lemos; José Manuel Balseiro, delegado da Xunta en Lugo; Luis Abelleira, presidente da Cruz Vermella de Lugo; e Juan Bautista Vázquez, presidente local desta organización sen ánimo de lucro en Monforte. Na súa intervención, Balseiro destacou que “o mellor activo que ten Cruz Vermella é a entrega e o traballo do seu voluntariado”. O delegado da Xunta en Lugo lembrou o aumento este ano do apoio que o Goberno autonómico ofrece á Cruz Vermella a través da Consellería de Política Social en diversos eidos de actuación. Balseiro renovou o compromiso da Xunta para seguir traballando con estas entidades con accións específicas e mellorando a coordinación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novas iniciativas para mellorar as rúas e os servizos en Monforte

Seguinte Nova

A Xunta realiza melloras na estrada LU-642 no Incio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: