•O alcalde anunciou arranxos na rúa Duquesa de Alba, “os primeiros que se fan en 40 anos”

• O Goberno local de Monforte anunciou, a mediados deste mes, diversas melloras na rúa Duquesa de Alba.
GRAN DESGASTE EN VIAL E BEIRARRÚAS
Segundo explicou o alcalde, José Tomé, o actual estado desta rúa presenta un firme “moi desgastado” e que foi alterado por diversas obras de canalización. Ademais, os bordillos encóntranse “desnivelados” e o lousado das beirrarúas non é uniforme.

MENOS BARREIRAS E MÁIS SEGURIDADE VIAL
O proxecto de reformas que o Concello vai realizar na rúa Duquesa eliminará as barreiras arquitectónicas e dará continuidade ao tramo peonil, segundo establece o código de accesibilidade. Xunto a estas medidas, aplicarase ao firme unha capa de aglomerado en quente para unificar a superficie. En canto á seguridade vial, vanse manter os actuais pasos elevados, reforzados con sinalización de pasos de cebra, e instalarase un novo no cruce coa rúa San Lázaro. Por outra banda, renovarase a sinalización horizontal dos dous carrís, e manteranse os espazos de estacionamento a ambos lados da estrada.

INVESTIMENTO DE PRETO DE 130.000 EUROS COFINANCIADO POLA DEPUTACIÓN NO PLAN ÚNICO
En canto ás cifras, Tomé explicou que o importe de licitación destas obras ascende a 126.897,11 euros, un investimento “moi importante” que se vai acometer coa axuda da Deputación de Lugo. O alcalde explicou que o Concello presentou este proxecto para ser incluído no Plan Único do organismo provincial, polo que a Deputación vai aportar o 75% do financiamento, un total de 95.172,83 euros, e o Concello achegará a porcentaxe restante, que son 31.724,28 euros.

A OBRA RESPONDE ÁS PETICIÓNS DOS VECIÑOS
José Tomé destacou que esta obra responde ás peticións dos veciños. “A pesar de ser unha rúa céntrica, que soporta un importante volume de tráfico e ten unha grande actividade hostaleira, hai máis de 40 anos que non se fixo nela ningunha obra de mellora”, salientou.•

•Continúan as melloras no alumeado urbano de Monforte
•Dentro do programa de actuacións para a mellora do alumeado urbano de Monforte, o Concello renovou este mes un total de 36 puntos de luz na rúa Doutor Casares.
Segundo explicaron dende o Consistorio, a actuación comprende a totalidade do vial, dende a Praza Doutor Goyanes ata o cruce coa rúa San Pedro, beneficiando tamén ás rúas Cabe e Raoul Wallenberg, adxacentes á de Doutor Casares.
A nova iluminación busca un aforro enerxético e unha maior calidade lumínica, segundo precisaron os responsables municipais. O alcalde explicou por carta aos veciños e comerciantes os detalles destas melloras, incluídas nunha das prioridades do equipo de goberno.•