O CB Sarria celebrou o fin da tempada cunha festa e cea de confraternidade

O sábado 17 de xuño tivo lugar a xornada lúdica para os membros do CB Sarria como despedida da tempada 2016-17. (Fotos: CB Sarria).

O día rematou cunha cea no restaurante do Hotel Alfonso IX, na que participaron preto de 270 persoas. (Fotos: CB Sarria).

• A gran familia que integra o CB Sarria disfrutou dunha xornada de lecer o sábado 17 de xuño, para celebrar o remate da tempada 2016-2017.
Xogadores, adestradores e familiares participaron en diversas actividades lúdicas, que tiveron lugar no pavillón do Novo Chanto e no parque do Chanto.
A xornada culminou nunha cea de confraternidade no Hotel Alfonso IX, á que asistiron preto de 270 persoas. A directiva sorteou agasallos e entregou unha camiseta conmemorativa aos representantes públicos e aos patrocinadores polo seu apoio ao club.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A canción mestiza de Muerdo e o mítico blues da banda Red House déronse cita no Círculo Saviñao

Seguinte Nova

O club Neka achégase ao final de curso con 84 medallas en competición

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss