O club Neka achégase ao final de curso con 84 medallas en competición

Á dereita da imaxe, Junior Martínez no podio coa medalla de bronce. (Foto cedida).
Á esquerda da imaxe, Aitor Teijeiro acadou a medalla de prata. (Foto cedida).
Lucía Roca coa medalla de bronce. (Foto cedida).
Pedro Luis Pérez “Wiwi” gañou o ouro en Pontevedra. (Fotos cedidas).

• A piques de tomar vacacións, os deportistas do club Neka afrontan o sábado 24 a derradeira competición dun curso no que xa suman 84 medallas, con 27 ouros, 17 pratas e 40 bronces. “Un ano espectacular, alucinante” é a descripción que fai José Mª Vega, adestrador do Neka, para resumir unha tempada marcada pola abundancia de podios e a aposta por desafíos cada vez máis altos. Este foi o segundo ano en competición europea para os monfortinos, que ademais lograron subir ao podio co bronce conseguido en marzo no Open de Bélxica polo trío junior de José Roca, Carlos Rey e Carlos Fernández, competindo coa selección galega.
Respecto ao combinado autonómico, o club monfortino conta cunha elevada presenza, que se cifra en 15 deportistas dentro da selección, e con Vega como membro do equipo técnico.
En canto a podios, os deportistas do Neka completaron un exitoso curso a nivel galego e nacional. En marzo, Laura Álvarez proclamouse campiona de España de técnica, e o trío de Roca, Rey e Fernández lograban ser terceiros de España, ademais de gañar o bronce no Open nacional días despois.
Os de Neka tamén arrimaron o ombreiro no Open de Marina d’Or para que a selección galega lograra o ouro a nivel nacional en abril, e o bronce na categoría absoluta.
Así mesmo, a calidade dos deportistas do club monfortino quedou de manifesto noutro dos fitos desta tempada. En novembro, acadaban 18 medallas a nivel autonómico na “mellor Copa Xunta de Galicia que fixemos na historia do Neka”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CB Sarria celebrou o fin da tempada cunha festa e cea de confraternidade

Seguinte Nova

Lugo, Sarria e Monforte abren o verán cos XII Xogos do Eixo Atlántico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss