O viño, o ferrocarril e o patrimonio monumental, xuntos no novo mural de Monforte

O novo mural que o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra instalou en Monforte recolle as enseñas de identidade cultural da cidade do Cabe. (Foto: CTRS).
• O espazo urbano de Monforte conta cunha nova instalación mural, promovida polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.
A fachada lateral do edificio que fai esquina entre as rúas San Lázaro e Duquesa convertiuse nun colosal lenzo que recolle pictoricamente os tres emblemas da cidade do Cabe. O vínculo coa viticultura, a chegada do progreso a través do ferrocarril, e a dimensión artística e monumental do conxunto de San Vicente do Pino aparecen expresados neste novo mural, visible dende a zona da Compañía. Esta ubicación permite que os visitantes poidan achegarse, cun só golpe de vista, aos emblemas de identidade de Monforte, ao tempo que se mellora o aspecto exterior das edificacións.
PLAN COMPLETADO
Segundo explicaron dende o Consorcio, con este mural complétanse as obras previstas no período 2015-2016 no proxecto “Un toque de cor na Ribeira Sacra”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comeza a tempada dos Paseos en Barca polo río Cabe en Monforte

Seguinte Nova

Novas iniciativas para mellorar as rúas e os servizos en Monforte

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: