Os concellos lucenses terán máis de 1,4 millóns para mellorar camiños rurais

•A Xunta presentou aos alcaldes o plan de acondicionamento de vías •As axudas custearán o total dos gastos subvencionables agás o IVE •O plan executarase ao longo dos vindeiros dous anos

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na presentación do plan o pasado 7 de xuño. GPXG
• A Consellería de Medio Rural ofrecerá aos concellos da provincia de Lugo máis de 4,1 millóns de euros para acometer melloras nos camiños rurais de titularidade municipal. O plan de acondicionamento de vías foi presentado aos alcaldes a primeiros deste mes polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
FINANCIAMENTO DO PLAN
Pérez Dubois explicou que o plan vai permitir a mellora de preto de 650 quilómetros de vías rurais municipais en toda Galicia ao longo dos vindeiros dous anos, cunha dotación total para a nosa Comunidade de 16 millóns de euros. A Xunta subvencionará a totalidade dos gastos subvencionables, mentres que os concellos deberán aboar o importe correspondente ao IVE.
En canto ao reparto dos fondos, Pérez Dubois salientou que as cantidades foron consensuadas coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), baseándose sobre todo na poboación ou na ruralidade.
DENTRO DO PLAN PARA FIXAR POBOACIÓN
O director xeral precisou que este plan facilitará o acceso a predios e explotacións agroforestais, e tamén a núcleos de poboación. Pérez Dubois destacou que estas medidas están integradas no obxectivo xeral do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos habitantes, a partir de estratexias de cohesión territorial. Este plan forma parte do Plan de fixación dotado con 231 millóns de euros.•

• REPARTO DO PLAN NO SUR DE LUGO

Bóveda: 45.733,16€  Carballedo: 75.020,48€  Chantada: 78.861,75€  Folgoso do Courel:  45.079,64€  O Incio:  60.247,72€
Láncara:  67.215,50€  Monforte de Lemos: 73.737,40€ Pantón: 79.266,37€  Paradela: 58.217,94€ O Páramo: 44.068,20 €
A Pobra do Brollón: 51.389,91€ Quiroga: 57.416,04€  Ribas de Sil: 30.343,50€ Samos: 48.834,39€  Sarria: 85.518,08€
O Saviñao: 77.371,03€ Sober: 70.862,44€  Taboada: 70.383,28€  Triacastela: 35.731,30€.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ribas de Sil contará cun camping municipal con capacidade para 100 persoas

Seguinte Nova

Turismo de Galicia sensibiliza aos peregrinos sobre seguridade viaria

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: