Artesanía, espectáculos, música e unha recreación da revolta dos guímaros enchen a xornada
• Por cuarto ano consecutivo, A Pobra do Brollón ensalza o espíritu inconformista do seu pobo na Feira Medieval Guímara. Este evento lembra a revolta do pobo guímaro contra os abusos que sufría por parte do Conde de Lemos. Con este motivo, vinculado ao sentir das xentes e ao legado histórico, xurdiu esta Feira de ambientación medieval, que se desenvolverá o sábado 8 de xullo no Campo da Feira da Pobra do Brollón.
DIVERSAS ACTIVIDADES NA XORNADA DO 8 DE XULLO
A axenda do día inclúe música, espectáculos, mostras de artesanía e unha recreación do enfrontamento entre os guímaros e as forzas do Conde de Lemos.

DRAMATIZACIÓN DA REVOLTA DOS GUÍMAROS ÁS 12
A xornada do sábado 8 de xullo iniciarase ás 11,30 horas coa lectura do pregón, que dará paso á dramatización da revolta histórica, a cargo de veciños e veciñas da Pobra do Brollón, ás 12 horas. Media hora máis tarde comezará o habitual espectáculo de cetrería, que ofrecerá un segundo pase pola tarde, ás 19,00 horas.

DEMOSTRACIÓN DOS OFICIOS TRADICIONAIS
Ao mesmo tempo, os artesáns presentes na Feira Guímara ofrecerán demostracións dos oficios tradicionais, e nos postos haberá exhibición e venda de pezas artesanais.
Á unha da tarde, os asistentes disfrutarán cos pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Erbedo, e ás dúas comezará o xantar popular con año ao espeto, previo encargo.

MÚSICA, ARTESANÍA E ESPECTÁCULOS POLA TARDE
A tarde iniciarase con música, cun concerto de arpa a cargo da artista Bleuenn le Friec, na igrexa parroquial de A Pobra, a partir das 16 horas. Ás 17,30 horas terá lugar o espectáculo clown de Peter Punk, que dará paso á exhibición de cetraría e ás demostracións dos oficios tradicionais. Ás oito, voltará o espectáculo, desta volta a cargo de Ce Orquestra Pantasma, e continuará ás 21 horas cun número de percusión e zancudos.
Ás 23 horas, completarase a xornada festiva da Feira Guímara, co grupo de espectáculos Troula.•