• A finais de xuño, quedaban instalados os dous tanques principais da depuradora que dará servizo ao Porto Seco de Monforte. Segundo explicou o alcalde, José Tomé, durante a visita ás obras desta infraestrutura, os traballos avanzan “a bo ritmo”, polo que se espera que estean rematados este mes de xullo.
TRAMOS DA TUBAXE
A rede de saneamento que servirá ao Porto Seco conta xa cunha boa parte da tubaxe instalada, nunha primeira fase acometida entre a vía do ferrocarril e a rúa María Emilia Casas Baamonde, e completada a comezos deste mes polo tramo entre esta zona e os tanques de depuración. A última fase da instalación cubre o tramo entre o cruce da Ronda Emilia Casas Baamonde e a baixada ao punto de verquido no Cabe.
Segundo precisou o rexedor local, estas obras teñen un importe de adxudicación de 255.154,05 euros, co ive incluído, que foi o prezo máis vantaxoso de todas as ofertas presentadas.

SERVIZO AO PORTO SECO
Tomé destacou, así mesmo, a importancia destes traballos. “Por fin, en pouco tempo, a plataforma loxística terá en servizo o saneamento que faltaba para que as empresas poidan instalarse nas súas parcelas”, precisou o rexedor. “Estas obras demostran que dende o Concello poñemos o punto final a un capítulo que durou demasiado tempo”, explicou o alcalde, que espera que a implantación de empresas “se cumpra canto antes”.

CONVENIO COA XUNTA
As obras da depuradora do Porto Seco tomaron impulso logo da sinatura, en maio de 2016, do convenio de colaboración entre o Concello de Monforte e a Consellería de Infraestruturas, para financiar a medias este proxecto. •