•O xogador do Club Billar Templarios de Monforte conseguiu unha prata e un bronce nas dúas modalidades junior do Campionato de España celebrado en Salamanca a finais de xuño
• O Club Billar Templarios de Monforte está de noraboa, logo dos excelentes resultados conseguidos no Campionato de España de Billar Pool que se celebrou en Salamanca a finais do mes de xuño. A xoven promesa Daniel Pérez logrou, un ano máis, alzarse con dúas medallas na categoría junior, a prata en Bola 8 e o bronce en Bola 9, un resultado que praticamente repite o conseguido na pasada edición do Campionato, co que suma catro metais nacionai na súa exitosa traxectoria. A este logro, hai que engadir o bo traballo realizado por Antonio Pérez na proba nacional, na que arañou medalla en categoría senior, rematando nun meritorio quinto lugar.
AGRADECEMENTO A TAQUÍ POLO SEU APOIO
Estes resultados están a confirmar a aposta do club monfortino pola competición ao máis alto nivel, nun camiño que iniciaron uns cantos xogadores hai tan só dous anos. Antonio Pérez explica que este salto cualitativo débelle moito a quen fora concelleiro de Deportes en Monforte, José Luis Losada Lago “Taquí”, “que no seu día soubo apostar e crer nunha serie de xogadores da localidade, e lles fixo posible a normalización e tamén a federación do clube”, requisito imprescindible para acceder ao circuíto nacional.

GRAN PROMESA NACIONAL
O formato ao que accedeu o Club Billar Templarios ten unha grande esixencia, con cinco probas anuais na que se deben enfrentar aos mellores xogadores de España, algúns deles consolidados campións nacionais e europeos.
Os éxitos de Daniel Pérez neste salto ao billar pool profesional con tan só 15 anos convérteno nunha gran promesa nacional, polo que dende o Club están a plantear a colaboración da Federación Galega de Billar para o seu ingreso nun centro de alto rendemento deportivo.•