En marcha os XII Xogos do Eixo Atlántico

•Un total de 1.850 deportistas menores de 16 anos participan nas diversas competicións en Lugo, Sarria e Monforte

A inauguración dos XII Xogos do Eixo Atlántico celebrouse en Lugo o pasado día 4. GPDL
• O 4 de xullo, tivo lugar na capital provincial a inauguración dos XII Xogos do Eixo Atlántico, unha cita que reúne a 1.850 deportistas de 29 municipios de Galicia e Portugal.
TRES SEDES
Por primeira vez en territorio galego son tres as sedes simultáneas das competicións, que se están a desenvolver en Lugo, Sarria e Monforte ata o domingo 9 de xullo. A expedición monfortina contou con 92 persoas, entre técnicos, deportistas e delegados, encabezados polo alcalde, José Tomé.
Sete modalidades deportivas participan nesta edición dos Xogos do Eixo Atlántico. Monforte acolle as probas de voleibol, e Sarria as de balonmán e ximnasia rítmica, modalidade que se estrea este ano nos Xogos. O acto de clausura será en Lugo, o domingo día 9.
MIRADA CULTURAL
Esta edición incorpora como novidade unha serie de eventos para promocionar a cultura do país que non acolle os Xogos. Desta volta, a cultura e a historia do cine portugués protagonizan as exposicións instaladas nas tres cidades lucenses. Ademais, hai proxeccións de cine portugués, e representacións dunha obra de teatro adicada á lingua portuguesa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga comeza o verán co Night Trail e o Campus de Fútbol

Seguinte Nova

O Concello de Monforte proxecta un novo sistema para evitar verquidos en Aceña Nova

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss