Música, xogos e artesanía na XV Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda

•Este evento cumpre 15 anos lembrando a esencia das feiras de comezos do século XX

A Feira Tradicional Outrora recrea o ambiente das feiras que se celebraban en Galicia a finais do século XIX e principios do XX. Arquivo EC
• A Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda chega á súa décimo quinta edición como unha das citas máis salientables dentro do panorama das celebracións etnográficas e históricas da provincia. Ao longo da xornada do venres 14 de xullo, desenvolverase un amplo programa de actividades para todos os públicos, con música, xogos e actividades culturais.
PROGRAMA DA MAÑÁ
Dende as dez e media da mañá e ata as nove da noite, estarán abertos os postos de exposición e venda de produtos artesanais. Os visitantes poderán disfrutar das demostracións en directo dos máis variados oficios tradicionais, a cargo de expertos artesáns. A música amenizará o recinto feiral dende as once, cos pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Municipal, e a actuación do grupo infantil de Danza Tradicional Municipal de Bóveda, ás once e media.
Ademais da ambientación das feira tradicionais de finais do século XIX e principios do XX que se percibe nos stands e na vestimenta dos participantes, a Feira Outrora aporta cada ano unha nova actividade que permita realizar unha viaxe no tempo a través dalgún dos elementos do noso pasado máis recente. Un repaso pola evolución dos enxeños para o transporte poderá verse na III Concentración-Exhibición de Vehículos Antigos, unha cita que evoluciona cada ano con novos modelos. Unha vez aberta a exposición ás doce, voltará a música da man da Banda de Gaitas e Percusión Cántigas e Frores, para continuar á unha coa actuación da Asociación de Fiandeiras Bolboreta.

 

As demostracións dos oficios tradicionais son un dos atractivos máis singulares das sucesivas edicións da Feira Outrora de Rubián-Bóveda. Arquivo EC
ACTOS DA TARDE
Xa pola tarde, será a quenda da diversión para os máis cativos, cos obradoiros artesanais infantís dende as catro, e a Festa da Espuma, ás seis.
A Asociación de Fiandeiras Bolboreta ofrecerá outra actuación ás sete e cuarto, para dar paso aos xogos tradicionais interxeracionais.
O último tramo da xornada iniciarase ás oito, coa actuación da Coral Municipal, e un dos actos estrela da Feira, a recreación tradicional da Malla, a partir das oito e media. A riqueza etnográfica tamén se vai poñer en valor coa proxección, ás nove, dun audiovisual sobre o proceso de elaboración do liño das mulleres da Asociación San Bartolomeu de Insua.
A XV Feira Tradicional Outrora rematará coa degustación do isco no guizo, ás dez e media, e unha actuación musical a partir das once.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Daniel Pérez sumou outras dúas medallas ao seu palmarés nacional

Seguinte Nova

As obras da nova depuradora do Porto Seco estarán rematadas neste mes

Últimas noticias sobre EVENTOS

Xornada Micolóxica en Pantón

Pantón acolle o domingo 17 unha xornada micolóxica, que inclúe unha charla sobre Introdución á Micoloxía e aos fungos medicinais, a cargo
Ir aInicio

Don't Miss