
• Do 12 ao 14 de xullo, terá lugar en Pantón o Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidad International Ladies Open, que reunirá nas instalacións do OCA Augas Santas Balneario & Golf Resort a máis de 129 xogadoras procedentes dunha vintena de países.
Por quinto ano consecutivo, Pantón acolle esta proba internacional, pertencente ás series de acceso ao Ladies European Tour (LET) e a única que se disputa en España correspondente a este circuíto. Este ano, na proba que se disputará en Augas Santas haberá unha importante presenza nacional, con 16 xogadoras españolas.
O evento contou cunha intensa promoción por toda España, que se iniciou coa presentación oficial do Torneo en Madrid, a finais do mes de xuño.•