Quiroga comeza o verán co Night Trail e o Campus de Fútbol

O concelleiro de Deportes de Quiroga, Andrés Novoa Arza, e o responsable da Área de Deportes da Deputación, Pablo Rivera Capón, presentaron as actividades deportivas. GPDL
• O deporte será o protagonista nos eventos que abren o verán de Quiroga. O sábado 8 de xullo terá lugar o II Night Trail, e do 10 ao 15 de xullo desenvolverase en Quiroga o XI Campus de Fútbol.
As actividades foron presentadas no Pazo de San Marcos de Lugo polo concelleiro de Deportes de Quiroga, Andrés Novoa Arza, e o responsable da Área de Deportes da Deputación, Pablo Rivera Capón.
8.000 EUROS DA DEPUTACIÓN
O organismo provincial colaborou coa organización destes eventos cunha achega económica de 8.000 euros, que serviu tamén para financiar outras actividades deportivas en Quiroga, como o Día da Bicicleta ou a Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga. Segundo destacou Pablo Rivera, a Deputación «é a única administración, xunto co propio Concello, que colabora con estes dous eventos deportivos».
DEPORTE PARA TODAS AS IDADES EN QUIROGA
Pola súa banda, Andrés Novoa sinalou o «grande interese» que desperta a carreira nocturna de Quiroga en toda a provincia. O II Night Trail sairá ás 22,15 horas, cun trazado por sendeiros de montaña nas modalidades de carreira e andaina. Así mesmo, o XI Campus de Fútbol de Quiroga ofrecerá a 40 rapaces e rapazas entre 5 e 15 anos a posibilidade de praticar este deporte, ademais de disfrutar de xogos e actividades de piscina.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Concertos, rutas enolóxicas e obradoiros infantís no Festival do Viño da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

En marcha os XII Xogos do Eixo Atlántico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss