A Xunta presentou en Monforte a nova rede de comunicacións de emerxencia

O delegado da Xunta en Lugo visitou aos participantes no curso do programa Tetra en Monforte, o 19 de xuño. GPDTL

• O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte acolleu a finais de xuño unha xornada formativa para traballadores do dispositivo antiincendios da zona sur. O curso contou coa asistencia de operarios de brigadas, condutores de motobombas, responsables de emisoras e vixilantes.
Esta acción formativa centrouse no funcionamento da rede de comunicacións Tetra, un novo dispositivo da Xunta que permite coordinar todas as forzas de seguridade e de emerxencia que están integrados nela, e que inclúe bombeiros, policía, urxencias sanitarias, 112, GES, Protección Civil, Incendios Forestais, entre outras.•

A Xunta pide á sociedade o “máximo compromiso” contra os incendios

•O dispositivo de verán está integrado por preto de 7.000 efectivos, entre profesionais da Xunta e apoios do Estado

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, logo da sinatura do convenio coa directora xeral de Política de Defensa do Ministerio, María Elena Gómez Castro, o 1 de xullo. GPXG
• Dende o 1 de xullo e ata o 30 de setembro, está en marcha o dispositivo contra incendios correspondente á época de alto risco de lumes forestais, que anualmente establece a Consellería de Medio Rural.
TELÉFONO GRATUÍTO 085 PARA AVISOS SOBRE LUMES FORESTAIS
Dende a Xunta pediron á cidadanía que manteña “o máximo compromiso” na loita contra a actividade incendiaria, denunciando este tipo de accións. Así mesmo, alertaron ás persoas que se acheguen ao monte durante os meses de verán para que extremen as precaucións e eviten calquer risco de lume. Por outra banda, a Xunta ten aberto o teléfono gratuíto 085 para que calquer cidadán poida avisar da existencia de incendios en todo o territorio da Comunidade.
Ademais, están prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais como medida preventiva, ata que remate a tempada de alto risco.
DISPOSITIVO DE VERÁN
Segundo explicaron dende a Consellería, o dispositivo de verán está integrado por 7.000 efectivos, que inclúen 5.700 profesionais da Xunta máis o apoio de persoal do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, do Exército e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. En total, o dispositivo integra tamén unha trintena de medios aéreos, froito desta colaboración, e 360 motobombas aportados pola Xunta, os Concellos e os parques de bombeiros, ademais doutros vehículos menores.
Entre outros aspectos, a colaboración co Exército supón contar con 27 patrullas, dúas máis que en 2016, para reforzar a vixilancia nos montes, con efecto disuasorio. O dispositivo poderá aumentar en caso de situacións de risco alto ou moi alto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES Daviña Rey de Monforte oferta o vindeiro curso un novo ciclo de grao superior en Educación Infantil

Seguinte Nova

O sur de Lugo sumouse á campaña dos Días Azuis

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss