Chantada premiou ás mellores propostas do III Concurso de Tortillas

•A terceira edición desta iniciativa, organizada polo CCA Ribeira Sacra, contou cun xurado profesional e un popular

Foto de familia dos premiados no III Concurso de Tortillas de Chantada. (Foto: CCA Chantada).

• O recoñecemento aos sabores e á creatividade aplicada aos pratos máis sinxelos materializouse en Chantada nos premios do III Concurso de Tortillas. Esta iniciativa, organizada polo Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada, outorgou dúas quendas de galardóns. Un xurado profesional deu o primeiro premio á Tortist@, do Casino, e o segundo á proposta da Faragulla, que concursou cunha tortilla de bacallau con pataca á brasa. O terceiro premio foi para a Tortilla Barquilla do Café Bar Plaza.
Pola súa parte, o xurado popular concedeu o primeiro premio á Tortilla Ramón, do Agocho, o segundo á Tortist@ do Casino, e o terceiro á Tortilla Ribeirá do Manix. •

O xurado popular outorgou o primeiro premio á Tortilla Ramón, presentada por O Agocho. Foto: CCA Chantada).

 

A Tortist@ do Casino acadou o primeiro premio do xurado profesional, e o segundo do xurado popular, no III Concurso de Tortillas de Chantada. (Foto: CCA Chantada).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reflexión en Tor sobre o abandono do rural

Seguinte Nova

Pantón asinou o convenio coa Consellería de Política Social para o campo de traballo de verán

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: