Comeza a tempada de verán nas Piscinas Municipais de Sober

As Piscinas Municipais de Sober acollerán un amplo programa de actividades en xullo e agosto. GPCS
• O Concello de Sober organizou unha xornada de portas abertas con acceso gratuíto, o 28 de xuño, para inaugurar a tempada de verán nas Piscinas de Sober. As instalacións permanecerán abertas durante estes meses dende a unha da tarde ata as nove da noite.
PREZOS
Un ano máis, os usuarios poden escoller entre bonos ou entradas individuais. O prezo para maiores de 14 anos é de 2,50 euros, e a entrada infantil custa 1,50 euros, agás para os menores de 6 anos, que entran de balde.
En canto aos bonos, o formato familiar ten un prezo de 40 euros por mes, o bono infantil mensual é de 20 euros, e o bono individual custa 30 euros ao mes.
A programación inclúe bibliopiscina, cursos de natación para todos os martes e xoves ás 16 horas, obradoiro infantil de pintura os mércores ás 19 horas, e aquagym mércores e venres ás 16,30.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completadas as melloras na gardería municipal de Monforte

Seguinte Nova

Sober, parada do Tren do Viño da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: