Convenio para aproveitar 300 hectáreas abandoadas na comarca de Lemos

•Deste xeito, a Consellería de Medio Rural e a Fundación Juana de Vega completarán o proxecto «Mobilización de terras no Val de Lemos»

A conselleira, Ángeles Vázquez, e o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáenz, asinaron o convenio o 23 de xuño. GPXG
• O aproveitamento de preto de 300 hectáreas de terreo abandonado na comarca de Lemos é o obxectivo do proxecto «Mobilización de terras no Val de Lemos», impulsado pola Xunta de Galicia e a Fundación Juana de Vega. Para completar este proxecto, a Consellería de Medio Rural e a Fundación veñen de asinar un convenio de colaboración por un importe de máis de 61.000 euros, vixente ata finais de 2018.
EVITAR O ABANDONO E POÑER EN USO AS TERRAS POR QUEN AS NECESITE
O proxecto regula o uso e aproveitamento de parcelas con vocación agraria, para evitar o seu abandono e de poñelas a disposición das persoas que precisen terreos para aumentar a base territorial das súas explotacións agrícolas, gandeiras, forestais, ou con fins de conservación da natureza e do patrimonio.
AS GRANXAS DE VACÚN DE LEITE, AS MÁIS INTERESADAS
Ao longo do proxecto, determináronse as zonas piloto nos seis municipios da comarca de Lemos, e identificouse a demanda, centrada principalmente en granxas e cooperativas de vacún de leite, aínda que con algunha presenza de explotacións de vacún de carne e horta.
Na seguinte fase, a Xunta realizará a mediación entre propietarios e persoas interesadas na explotación das parcelas, a través sobre todo de arrendamentos para establecer as garantías xurídicas necesarias para as dúas partes.
OUTRAS FÓRMULAS XA EN MARCHA PARA REORGANIZAR O TERREO
Este proxecto vén a sumarse a outras liñas de actuación que está a desenvolver a Consellería de Medio Rural para poñer en valor as terras baldías. Por unha banda, a reestruturación parcelaria ten como obxectivo reorganizar máis de 110.000 hectáreas en toda Galicia. Por outra, o modelo Marcos axiliza a concentración parcelaria, a través de cesións voluntarias entre propietarios sen cambios na titularidade.
Así mesmo, o Banco de Terras ofrece preto de 12.500 parcelas cun total de 5.800 hectáreas, e as Unidades de Asesoramento e Xestión de Explotacións fomentan o movemento de terras e activos entre explotacións, sobre todo no caso de gandeiros que se van xubilar.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte proxecta un novo sistema para evitar verquidos en Aceña Nova

Seguinte Nova

O Concello acometeu a limpeza da lagoa do Parque dos Condes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss