O Concello acometeu a limpeza da lagoa do Parque dos Condes

O alcalde e o concelleiro de Servizos supervisaron os traballos de limpeza da lagoa do Parque dos Condes, a finais de xuño. GPCM
• A finais de xuño, o Concello de Monforte acometeu os traballos anuais de limpeza da lagoa do Parque dos Condes.
LIMPEZA E ACONDICIONAMENTO DOS MECANISMOS
As tarefas iniciáronse co baleirado da masa de auga, e continuaron coa retirada dos lodos acumulados no fondo. Precisamente, estes residuos naturais causaron unha avaría no mecanismo do géyser situado no centro da lagoa. A peza tivo que ser enviada a un taller de Ourense, ao non existir en Monforte un espazo específico para realizar este traballo. Así mesmo, os operarios municipais repararon dous focos que emiten luz dende o fondo da lagoa.
A LAGOA, UN ESPAZO «EMBLEMÁTICO» PARA VECIÑOS E VISITANTES
O alcalde, José Tomé, destacou a importancia destes traballos de acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes, ao ser «un dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade» para os visitantes, e un dos puntos máis concurridos polos veciños.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convenio para aproveitar 300 hectáreas abandoadas na comarca de Lemos

Seguinte Nova

O IES Daviña Rey de Monforte oferta o vindeiro curso un novo ciclo de grao superior en Educación Infantil

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss