• Do 16 ao 30 de xuño, varias vilas do sur de Lugo acolleron a campaña Días Azuis, promovida pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio, para impulsar o comercio de proximidade. Esta campaña, que contou coa colaboración dos centros comerciais urbanos e Abanca, premiou aos clientes do comercio local coa participación nun sorteo que repartiu 16.000 euros en tarxetas de prepago coas que mercar no comercio asociado.
BOA ACOLLIDA
Na provincia de Lugo, os dez primeiros días da campaña rexistráronse 11.800 participacións, das que máis de 1.100 corresponderon a Monforte.
Pola súa banda, a campaña tivo unha boa acollida tamén en Sarria. Segundo explicaron dende ACES-Sarria, a iniciativa acadou unha “elevada participación” xa nos primeiros cinco días, logo de captar “moito interese” tanto por parte dos clientes como dos propios comerciantes.•