Pantón asinou o convenio coa Consellería de Política Social para o campo de traballo de verán

•A Xunta tamén formalizou a colaboración para desenvolver este tipo de actividades de voluntariado nos concellos lucenses de Quiroga, Folgoso do Courel e Xermade

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, antes da sinatura dos convenios, na que participaron os alcaldes de Quiroga, Julio Álvarez, e Folgoso do Courel, Dolores Castro. GPXG
• A finais do mes pasado, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou os convenios de colaboración cos concellos de Pantón, Quiroga, Folgoso do Courel e Xermade para o desenvolvemento de campos de traballo de verán.
DINAMIZACIÓN E VOLUNTARIADO PARA MOCIDADE DE VARIOS PAÍSES
Segundo explicou o titular do departamento autonómico, estes campos son unha ferramenta de educación non formal, dirixida á xuventude entre 18 e 30 anos, que implica experiencias de voluntariado, participación e mobilidade, ademais de dinamizar a vida xuvenil nos correspondentes municipios. Ademais, estes campos organizados pola Xunta de Galicia teñen alcance internacional, xa que están abertos á participación de xente nova procedente de diversos países.
Os campos de traballo de Quiroga, Xermade e Folgoso desenvólvense en diversas quendas do mes de xullo. Na primeira quincena, está a ter lugar a limpeza e acondicionamento da Ruta da Encomenda en Quiroga, dentro do programa do campo de traballo de verán, no que participan 20 mozos e mozas. As actividades tamén inclúen a posta en valor da Ponte do Rego de Castelo, e eventos para dinamizar o Xeoparque.
Folgoso acolle o seu campo de traballo na segunda quincena de xullo, con actividades de carácter medioambiental e arqueolóxico, sobre todo na contorna do Castro de Vilar.
O campo de traballo de Pantón pechará a tempada de verán. Do 1 ao 15 de agosto, un total de 20 persoas participarán na limpeza e acondicionamento exterior dos monumentos da Ruta do Románico, ademais de participar en eventos culturais vinculados ás Xornadas desta ruta. Tamén realizarán grafitis e murais en espazos urbanos, e disfrutarán da natureza con actividades de kaiak ou xeolocalización.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada premiou ás mellores propostas do III Concurso de Tortillas

Seguinte Nova

Completadas as melloras na gardería municipal de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss