•Este itinerario é un dos máis solicitados da programación dos Trens Turísticos de Galicia
• Ata o 28 de outubro está en marcha unha nova edición dos Trens Turísticos de Galicia, que ofrece un total de 11 itinerarios temáticos polos principais atractivos naturais e culturais da nosa Comunidade. Sober é unha das paradas do Tren do Viño da Ribeira Sacra, unha das rutas máis demandadas polos viaxeiros, e que no primeiro mes xa tiña vendido o 55% das prazas de toda a tempada. Así o explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante a súa participación en Sober no traxecto do Tren do Viño. Esta ruta inclúe visitas guiadas a adegas e ao Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte, así como unha viaxe en catamarán polo Sil, ou a oportunidade de coñecer o mosteiro de Santo Estevo e a estación de ferrocarril dos Peares.•