• Dende o 15 ao 23 de xullo, un total de 175 rapaces e rapazas entre 8 e 17 anos participaron en Sarria no campus Baloncesto no Camiño.
DEPORTE, DIVERSIÓN E CONVIVENCIA
Esta iniciativa, que acada a súa novena edición, combinou os adestramentos de baloncesto con actividades lúdicas. Os rapaces adicaron cada xornada a traballar esta disciplina deportiva, ademais de disfrutar dunha sesión de piscina. Reserváronse dúas mañás para actividades de tempo libre, ximcanas e outras probas en varias localizacións de Sarria.

ENCONTROS CON PROFESIONAIS
O campus completouse con charlas a cargo de profesionais, como Carlos Cortés, árbitro na Liga Endesa ACB e na Euroliga, ou sesións de adestramento específicas, como a ofrecida por Naoufal Uariachi, adestrador de Marrocos con ampla experiencia internacional. O campus contou tamén coa presenza de Lucas Mondelo, adestrador da selección española feminina que acaba de proclamarse campiona de Europa. Mondelo, acompañado do seu axudante, Carlos Rupérez, conversou cos rapaces sobre diversos aspectos do baloncesto actual.

ADESTRADORES DE PRIMEIRO NIVEL
Os xoves deportistas estiveron asistidos por un equipo de 11 adestradores xefe, 11 axudantes e un fisioterapeuta. O plantel técnico estivo formado por adestradores de primeiro nivel, entre os que se atopan Arturo Álvarez, do CB El Prat en LEB Ouro; Manu Santos, do Xuven en LEB Plata; Roberto Hernández, axudante na primeira división de Rusia; Iria Uxía, axudante no Basquet Coruña en LEB Ouro; Marsha Owusu, adestradora das categorías de formación en Alemania; ou Mads Olesen e Michael Lunde, da primeira división danesa, baixo a dirección de Miguel Ángel Hoyos, adestrador do Basket Menorca en Liga EBA.•