A Deputación destina este ano 300.000 euros para a residencia de maiores da Pobra do Brollón

•Ademais, Campos Conde destacou que o organismo provincial vai atender ao dobre de maiores cos servizos que xa financia  •No último ano, a Deputación achegou á Pobra do Brollón un total de 890.000 euros

Na súa visita á Pobra do Brollón, o 18 de xullo, o presidente da Deputación estivo acompañado polo tenente de alcalde, Ricardo Rodicio, e varios membros da Corporación. GPDL
• O Orzamento da Deputación de Lugo para 2017 inclúe unha partida de 300.000 euros para a construción dunha residencia de maiores  con 30 prazas na Pobra do Brollón. Esta foi unha das medidas máis destacadas do balance de investimentos provinciais que fixo o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, na súa visita ao municipio, o pasado 18 de xullo. O mandatario provincial, que estivo acompañado polo tenente de alcalde da Pobra do Brollón, Ricardo Rodicio, e varios membros da Corporación local, destacou que, no último ano, a Deputación leva investidos 890.000 euros en servizos públicos para os 1.700 veciños do municipio. Desta cifra, 320.000 euros corresponden ao Orzamento de 2016, e os 566.000 restantes incluénse nas contas provinciais desta anualidade.
PRÓXIMA SINATURA DO CONVENIO DA RESIDENCIA
«Buscamos aumentar a prestación dos servizos sociais na Pobra do Brollón», destacou Campos Conde ao respecto da construción da residencia, da que se está a redactar o proxecto de obra e o convenio de colaboración que a Deputación vai asinar «proximamente» co Concello. «O noso obxectivo é ir incorporando novas partidas nos vindeiros orzamentos, de xeito que as obras estean listas neste mandato», salientou. O convenio establecerá as partidas que achegará a Deputación ata 2019, e a aportación de 200.000 euros por parte do Concello, que tamén cederá o espazo correspondiente na Avenida do Outeiro.
MÁIS MAIORES ATENDIDOS ESTE ANO
Campos Conde insistiu na atención aos maiores que está a financiar a Deputación, a través do Servizo a Domicilio a persoas non dependentes e a Teleasistencia, que xa benefician a 38 maiores neste municipio, con máis de 24.000 euros. O mandatario provincial precisou que este ano vaise incrementar a partida, co que se duplica o número de usuarios ata un mínimo de 76.
MELLORA DE ACCESOS NOS ÚLTIMOS MESES
O Orzamento deste ano tamén inclúe achegas para mellorar os accesos de Abelaira a Transmonte, a Lama de Lor, Tudriz, de Veiga a Picas, Veiga, Eirexa e Aldea de Riba, ademais da dotación dun aseo e un quiosco á área recreativa de Samugueiros.
Con cargo ás contas provinciais do 2016, arranxáronse accesos municipais en Ferreiros, Santalla de Rei, Campo-Fornelas, Salcedo, Ferreirúa de Abaixo, de Piño a Centais, Eixón, á subestación de Renfe e en Santiago de Castroncelos. A Deputación tamén deu resposta a unha demanda dos veciños, empresarios e comerciantes da Pobra de Brollón, co arranxo dun tramo de 2 quilómetros da estrada LU-P-4710. Este vial une a LU-652 coa capitalidade municipal, e ademais soporta un importante tráfico vinculado ao sector da madeira.
Así mesmo, a partida de 320.000 euros da pasada anualidade serviu para instalar 121 novos puntos de luz LED nas parroquias de Ferreirúa, Pacios de Veiga e nos núcleos rurais de Domiz e Nugais. Ademais, financiou a colocación de varios invernadoiros en San Pedro de Cereixa, a mellora do equipamento da Casa da Cultura Olga Novo, e a renovación de saneamentos, traídas de auga e locais sociais en varios puntos do municipio.
EMPREGO
Os investimentos provinciais na Pobra do Brollón xeraron nun ano 10 novos postos de traballo, a través dos programas DepuEmprego e Ben Empregado, cunha partida de 100.000 euros para asumir os custes laborais destes novos traballadores. A previsión para o que queda de ano é crear outros 7 novos empregos.
APOIO A EVENTOS CULTURAIS E DEPORTIVOS
As aportacións provinciais de 2017 servirán tamén para apoiar iniciativas culturais como o IV Festival de música tradicional As cores de Outono, a XXV Feira do Viño de Vilachá, a IV Feira Medieval  Guimara ou o VII Concurso de Cantos de Taberna, entre outros.
Así mesmo, coa partida do 2016, que sumou 50.000 euros, a Deputación financiou a campaña Conciénzate co Deporte, que ofreceu sesións gratuítas de ximnasia para maiores nos centros sociais do municipio, e tamén o Entroido do Oso de Salcedo, entre outros eventos culturais e deportivos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Espazos emblemáticos de Monforte e Sober acollerán os eventos musicais do festival internacional 17º Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Sober estrea este verán un observatorio ornitolóxico no Canón do Sil

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss