A igrexa chantadina de Pesqueiras, unha das citas culturais do programa Monumenta

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o coordinador do ciclo, Julio Gómez, na presentación da quinta edición de «Monumenta. Andar con arte», que se desenvolverá do 5 ao 27 de agosto. GPXG

• O patrimonio artístico de Chantada formará parte dos roteiros incluídos en «Monumenta. Andar con arte», unha iniciativa da Consellería de Cultura que se desenvolverá do 5 ao 27 de agosto. Segundo explicou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañado do coordinador do ciclo, Julio Gómez, esta quinta edición de Monumenta propón «descubrir e vivir o patrimonio cultural galego tras os pasos de camiñantes ilustres», como o xeógrafo Domingo Fontán, o musicólogo Alan Lomax, a fotógrafa Ruth Matilda Anderson, ou o folclorista e investigador Casto Sampedro. Lorenzo salientou que «estes viaxeiros recolleron os seus saberes ou atoparon a súa inspiración ao longo do territorio galego, que percorreron cos ollos abertos e en respecto absoluto co territorio e coa cultura». Este é o espíritu, segundo precisou Lorenzo, que se trata de rescatar con este ciclo.
Monumenta está concebida como unha serie de andainas en torno a varios espazos monumentais e artísticos de Galicia, percorridos da man dun experto.
A andaina do 12 de agosto estará protagonizada polos morcegos da igrexa de Santa María de Pesqueiras, en Chantada. O encontro será ás 11 horas, no sinal que indica o comezo da ruta cara esta igrexa en Belesar. En medio dunha vizosa natureza, e xunto a toda a riqueza das pinturas murais do século XVI e os elementos románicos que amosa, vive unha colonia de morcegos de importancia fundamental para entender o ecosistema e a convivencia neste Ben de Interese Cultural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta leva investidos en Monforte máis de 8 millóns de euros no último ano

Seguinte Nova

Limpeza da Ponte Vella de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss