•Monforte, Sarria e Lugo foron as sedes das probas deportivas para menores de 16 anos que representaron ás cidades desta entidade supramunicipal
• Monforte, Sarria e Lugo despediron aos XII Xogos do Eixo Atlántico, que se celebraron de xeito simultáneo nas tres localidades entre o 5 e o 9 de xullo.
REPRESENTANTES DOS 29 CONCELLOS GALEGOS E PORTUGUESES DO EIXO
Un total de 1.850 rapaces e rapazas menores de 16 anos, procedentes dos 29 municipios de Portugal e Galicia adheridos ao Eixo Atlántico, tomaron parte nas probas correspondentes a sete disciplinas deportivas.

GAÑADORES EN FÚTBOL E BALONCESTO
Na modalidade de fútbol, o triunfo foi para Santiago, que gañou na quenda de penaltis ao Guimaraes. Santiago tamén se proclamou vencedor en baloncesto masculino fronte ao equipo de Matosinhos, e a representación de Lugo foi a vencedora en baloncesto feminino na final disputada contra Santiago.

RESULTADOS EN SARRIA E MONFORTE
Sarria acolleu as probas de balonmán, disciplina na que se proclamou vencedor o equipo de Braga, no partido xogado contra o Maia. Pola súa banda, en Monforte xogouse a competición de volei, que deu o triunfo ao Matosinhos diante do Porto, e a cuarta posición correspondeu ás xogadoras de Monforte.
En ximnasia rítmica, modalidade que se estreaba nesta edición dos Xogos do Eixo Atlántico, o conxunto de Sarria acadou o terceiro posto por equipos, durante as probas celebradas na vila xacobea.•