A Xunta comezou a acondicionar o espazo natural Loio-Ruxidoira de Paradela

O delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, supervisou o día 6 o inicio dos traballos co alcalde, José Manuel Mato. GPDTL
• A comezos de xullo, arrancaron os traballos de acondicionamento do espazo natural Loio-Ruxidoira, que a Xunta está a acometer no concello de Paradela, cun investimento de 48.000 euros.
Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.
RECUPERACIÓN DA FLORA AUTÓCTONA E MELLORAS NA RUTA DO LOIO
O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, achegouse a supervisar os traballos, xunto ao alcalde da localidade, José Manuel Mato. O proxecto inclúe a recuperación de especies autóctonas, na canle do río Loio e na propia ruta, nun treito total de sete quilómetros e medio, ademais da mellora da sinalización e da seguridade, para o que se instalarán 52 metros de varandas de madeira, en cinco tramos do percorrido.
Así mesmo, a actuación comprenderá a drenaxe transversal de 14 puntos do sendeiro, para evitar os riscos derivados de enchentes fluviais ou de chuvias abundantes.
POÑER EN VALOR A NATUREZA DENDE O USO RESPECTUOSO DO MEDIO
Balseiro suliñou que a Xunta “quere protexer un espazo de grande importancia biolóxica”, e tamén “dar resposta á crecente demanda social de actividades en contacto directo coa natureza que garantan un uso respectuoso do medio, e presenten estes espazos como un elemento singular dentro da oferta turística ou do sendeirismo deportivo”.
A área do Loio-Ruxidoira é un dos dous espazos na provincia de Lugo que contan coa categoría de Espazo Natural de Interese Local (ENIL), que foi aprobada pola Xunta de Galicia en 2011 a petición do Concello de Láncara. Esta declaración supón unha medida de protección especial recollida na Lei de Conservación da Natureza.
RIQUEZA CULTURAL
Por outra banda, o delegado da Xunta destacou a presenza, na contorna deste espazo natural, de importantes elementos etnográficos, como os muíños restaurados ou os restos do mosteiro de Santa María de Loio. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Limpeza da Ponte Vella de Monforte

Seguinte Nova

2,2 millóns de euros provinciais nun ano para melloras e servizos en Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss