A Deputación de Lugo deu luz verde a unha nova edición do programa Lugo Termal, destinado a lucenses maiores de 55 anos, para que poidan beneficiarse de descontos na oferta de turismo termal da nosa provincia. O organismo provincial financia con 36.300 euros este programa, «que esperta gran interese entre os maiores», segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, logo da Xunta de Goberno na que se aprobou o Lugo Termal 2017, o pasado 7 de xullo.
O prazo para solicitar praza abrirase, previsiblemente, no mes de setembro, e o programa estará en marcha no último trimestre do ano. Como en anos anteriores, o Lugo Termal ofrece descontos de máis de 60 euros en tratamentos mineromedicinais en balnearios da provincia, con estancia ou en réxime externo. Cada paquete con estancia inclúe 6 días con 5 noites, entre domingo e venres, 5 pensións completas e 8 técnicas de balneario, así como un recoñecemento médico á entrada. Os usuarios beneficiaranse tamén dun programa de animación sociocultural de luns a xoves.
O programa ofrece atención especial a persoas con mobilidade reducida, e accións específicas para persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial. Os usuarios poderán acudir cun acompañante, que deberá estar empadroado na provincia de Lugo. •
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,
Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta
Remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte, e propón a
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra organizou unha xornada para presentar propostas para a elaboración do
Desde a Xunta de Galicia, os populares galegos apoian o investimento, mentres nacionalistas e socialistas móstranse