Espazos emblemáticos de Monforte e Sober acollerán os eventos musicais do festival internacional 17º Ribeira Sacra

Imaxe de arquivo da presentación oficial, a comezos de xuño, do festival internacional 17º Ribeira Sacra. GPDL
• Do 28 ao 30 de xullo, a natureza e a monumentalidade do sur de Lugo serán os escenarios do festival internacional 17º Ribeira Sacra. A música, o viño e a gastronomía daranse a man nos espazos paisaxísticos e culturais máis emblemáticos deste territorio, situados na contorna de Sober e Monforte de Lemos. O evento, no que se espera unha afluencia de máis de 2.000 persoas, conta coa colaboración da Deputación de Lugo como principal patrocinador.
O PRIMEIRO CONCERTO SERÁ NO EMBARCADOIRO DE DOADE
O festival 17º Ribeira Sacra comezará o venres 28 de xullo no embarcadoiro de Doade, cun concerto de Virginia Maestro, dende as 16,30 horas, cun segundo pase o domingo ás 12. A continuación, Néstor Pardo actuará no Mirador de Santiorxo, tamén en Sober, a partir das 19,30 horas.
MÚSICA NAS ADEGAS
As adegas protagonizarán boa parte das actuacións musicais do sábado. En Rectoral de Amandi, actuará Angel Stanich ás 12,30, mentres que en Regina Viarum estarán Os Amigos dos Músicos ás 14 horas, e M. Ward coa súa música ás 19 horas. Tamén o sábado, dende ás 17 horas, terá lugar na adega Algueira o concerto de The Wellgreen. O domingo actuarán Best Boy ás 12, en Regina Viarum.
MÁIS ESCENARIOS DE LUXO NA RIBEIRA SACRA
A axenda do sábado inclúe tamén un concerto de Sumrrá, ás 18 horas, na igrexa de San Xulián de Lobios.
Outro dos escenarios privilexiados para o 17º Ribeira Sacra será o Parador de Monforte, no que actuarán The Magic Numbers, Iván Ferreiro, Novedades Carminha e Los Árboles, a partir das 20 horas.
ROTEIROS, VISITAS GUIADAS, CATAS DE VIÑO E GASTRONOMÍA
A programación complétase cunha actuación, o domingo 30 de xullo ás 12, de Germán Díaz na Rectoral de Gundivós.
O festival 17º Ribeira Sacra ofrece no seu programa visitas guiadas e roteiros por diversos puntos de Monforte de Lemos e Sober. Ademais, as adegas que acollen os concertos inclúen no programa catas de viños, para culminar a vinculación do viño co espíritu deste festival.
Ademais, na adega Regina Viarum ao mediodía do sábado, e e na explanada do Parador de Monforte pola noite situarase unha área gastronómica con cociña de autor.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A provincia despediu aos XII Xogos do Eixo Atlántico

Seguinte Nova

A Deputación destina este ano 300.000 euros para a residencia de maiores da Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: