Quiroga, unha das citas do verán nos Campos Internacionais de Traballo da Xunta

•O Xeocampo que tivo lugar en Quiroga ofreceu a 20 mozos e mozas a posibilidade de disfrutar da cultura e da natureza a través dun programa de acondicionamento da Ruta da Encomenda

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, visitou o Campo Internacional de Traballo que se desenvolveu en Quiroga na primeira quincena de xullo. GPXG
• Do 1 ao 12 de xullo, unha vintena de mozos e mozas entre 18 e 30 anos participaron no Xeocampo de Quiroga, un programa de lecer integrado na Acción de Verán que organiza a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
POSTA EN VALOR E DINAMIZACIÓN DE VARIOS RECURSOS TURÍSTICOS
O Xeocampo estivo deseñado baixo unha programación medioambiental e cultural, centrada na limpeza e o acondicionamento da Ruta da Encomenda de Quiroga. Vinculados aos traballos de campo, os participantes tamén desenvolveron diversas acción destinadas á dinamización deste recurso cultural quirogués. Con esta finalidade, os mozos e mozas do Xeocampo elaboraron unha páxina web e unha ruta virtual que amosa a cartografía, planimetría e perfil deste trazado. Ademais, xeraron os códigos QR xeolocalizados para coñecer in situ a fauna, a flora e os puntos de interese vinculados á Ruta.
Os participantes tamén procederon á limpeza de vexetación e á mellora da seguridade da Ponte do Rego do Castelo. As tarefas de dinamización completáronse con deseño de xornada divulgativas no municipio de Quiroga e nas áreas limítrofes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte cumpriu como capital da Ribeira Sacra no Festival do Viño

Seguinte Nova

Gran participación nos eventos deportivos estivais de Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: