•O 9 de xullo, celebrouse o XIII Festival de Bandas do Concello de Sober, no que participou a madrileña Asociación Banda de Música Villa del Prado.
Así mesmo, no festival a Banda de Sober homenaxeou a Amador Álvarez Rodríguez, membro da formación durante máis de medio século, que faleceu recentemente. O solo da peza «Mood Romantic» serviu para que os membros da Banda de Sober recordaran as interpretacións de Amador Álvarez ao bombardino.•