Sober estrea este verán un observatorio ornitolóxico no Canón do Sil

O novo atractivo turístico está na parroquia de Bolmente, preto do mirador de Boqueiriño. GPCS
• No comezo do verán, Sober estrea un novo recurso turístico, vinculado ás características da natureza. Trátase do observatorio ornitolóxico instalado na parroquia de Bolmente, a 700 metros de altura e a só 200 metros de distancia do mirador de Boqueiriño. Segundo explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, a zona forma parte dos espazos privilexiados de Galicia para a observación das aves.
A OBSERVACIÓN DAS AVES, UNHA ACTIVIDADE TURÍSTICA QUE VAI EN AUMENTO
O rexedor local salientou a importancia do turismo de observación dos fenómenos da natureza, neste caso das especies de aves, xa que «cada vez move máis xente, o que traerá máis visitantes a Sober».
RECOMENDADO NA WEB DE TURISMO DE GALICIA
O observatorio está incluído nas referencias sobre esta actividade na páxina web de Turismo de Galicia, na que se recomendan cinco roteiros, tres dos cales son exclusivos da zona de Sober, por contar con viñedos, rochas e bosques ao carón do río Sil.
O novo observatorio ornitolóxico de Sober conta con paneis informativos sobre a decena de aves que se poden ver dende este punto, entre as que se atopa a aguia real.
POR INICIATIVA DO CONCELLO DE SOBER
Segundo explicaron os responsables municipais, esta iniciativa partiu do Goberno local de Sober, que levou a cabo os traballos de instalación do observatorio e de sinalización e acondicionamento dos accesos. O Concello contou cunha axuda da Dirección Xeral para a Conservación da Natureza. No observatorio investíronse 10.000 euros, con cargo ao Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER).•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación destina este ano 300.000 euros para a residencia de maiores da Pobra do Brollón

Seguinte Nova

O sur de Lugo volveu a acoller a única proba en España do circuíto LET Access Series

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss