•As obras, que inclúen unha ampliación da ponte e a construción de beirrarúas no tramo, conta cun investimento da Xunta de preto de 230.000 euros
• A finais do mes de xullo, iniciáronse en Ferreira as obras de urbanización e mellora da Ponte das Bernardas.
MÁIS MOBILIDADE E SEGURIDADE EN FERREIRA
O proxecto é o resultado do convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas, e o Concello de Pantón, e suporá unha mellora significativa na mobilidade e na seguridade vial desta zona da capitalidade. Así o destacou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na súa visita a Pantón a mediados de xullo, para supervisar as características dos traballos nos días previos ao seu inicio. Segundo explicou Balseiro, que estivo acompañado polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e os técnicos do proxeccto, a Xunta achega preto de 230.000 euros para este proxecto, mentres que o Concello se encargou de redactar o documento técnico, así como da contratación e execución dos traballos.
O proxecto suporá o ensanchamento da ponte en catro metros, coa eliminación duns alpendres situados ao seu carón, e que serán substituídos por un muro de cantería de cerramento, ademais de ampliar o pontón nunha das marxes. Tamén se van construír beirrarúas entre Ferreira e o cruce de Sober, fronte ao mosteiro das Bernardas. •