
•A antiga Prisión Comarcal de Sarria acolle, dende o 9 de setembro ata o 22 de outubro, a oitava Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño. Esta mostra, que inclúe 300 obras de 70 autores, conta este ano coa colaboración da Asociación Camino Shikoku Henko de Xapón, cun apartado específico para amosar traballos deste colectivo, como fotografías ou maquetas de templos.
A Deputación de Lugo colabora con esta exposición, dentro das accións do Plan Estratéxico de Turismo do organismo provincial.
A exposición pode verse en horario de 17 a 20 horas, todos os días da semana.•