• O proxecto arqueolóxico que se está a desenvolver en Cova Eirós contará, un ano máis, co apoio da Xunta de Galicia. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, durante a súa visita ao xacemento situado no municipio de Triacastela, o pasado 29 de agosto. Rodríguez valorou esta cavidade como «un libro aberto co que poderemos comprender mellor non só a Prehistoria de Galicia senón tamén a do noroeste peninsular». Así mesmo, o titular autonómico de Cultura xustificou o apoio da Xunta a este proxecto porque «está a desvelar moitos aspectos descoñecidos sobre o noso pasado remoto».
Na visita a Cova Eirós, o conselleiro estivo acompañado pola alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, o director do proxecto, Ramón Fábregas, o codirector das escavacións, Arturo Lombera Hermida, e do xefe de servizo de Arqueoloxía, Roberto Pena.

EN VÍAS DE SER BEN DE INTERESE CULTURAL
No proxecto de investigación arqueolóxica desenvolvido neste enclave de Triacastela colaboran dende 2006 a Universidade de Santiago de Compostela e a Universitat Rovira i Virgili de Tarragona, baixo a dirección científica do catedrático Ramón Fábregas. O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia dende 2008.
Entre os achados de Cova Eirós, destacan unha serie de motivos pintados e gravados nas paredes da Gran Sala interior, testemuña única e excepcional en Galicia dentro do Paleolítico Superior, segundo explicaron dende a Consellería. Dado o seu valor, a Xunta impulsou en maio a consideración de Cova Eirós como Ben de Interese Cultural con categoría de monumento.•