Completado un intenso verán de actividades para todos no CB Sarria

•O club sarriao organizou o Torneo 3×3 na xornada festiva da Noite Meiga •Ademais, ofreceu unha nova edición do Verán de Basket para os máis cativos

Os membros do equipo Barrigas Verdes, gañadores absolutos do Torneo 3×3 Noite Meiga, co presidente do CB Sarria. (Foto: CBS).
• O CB Sarria vén de completar un periodo estival cheo de actividade, con eventos para todos os públicos.
64 RAPACES ATA 16 ANOS PARTICIPARON NO VERÁN DE BASKET
Os máis cativos puideron disfrutar dunha nova edición do Verán de Basket, unha iniciativa que o club sarriao leva varios anos desenvolvendo con gran éxito de participación. Dende finais do mes de xuño, e ata rematar agosto, un total de 64 rapaces ata 16 anos participaron nas sesións organizadas polo CB Sarria, que busca compatibilizar a prática do baloncesto coa conciliación familiar durante as vacacións escolares. As sesións, repartidas en quendas de dous e tres días por semana segundo a idade, leváronse a cabo no Novo Pavillón do Chanto.
Os deportistas estiveron acompañados polos adestradores Maisa López, Rubén Pernas, Adrián López, Xabier López-Acevedo e Paula Álvarez, do CB Sarria. Ademais, o club agradeceu a participación e colaboración do sarriao Xoel Folgueiras, adestrador no CB Montrove da Coruña, e dos monitores sarriaos Alba Urdí, Lucía Moya e Miguel López.

 

Un dos grupos de rapaces que participaron nas actividades do Verán de Basket durante as vacacións escolares. (Foto: CBS).
O TORNEO 3×3 NOITE MEIGA, INTEGRADO NO CIRCUÍTO GALEGO
Por outra banda, a tradicional cita do basquet sarriao coa competición 3×3 celebrouse o sábado 26 de agosto, coincidindo coa xornada festiva da Noite Meiga. O evento sarriao, no que participaron 17 equipos, serviu de remate ao Circuíto Galego 3×3 Street Ball, que incluiu competicións en As Pontes, Porto do Son, Ribeira, Viveiro e Moraña.
O vencedor da proba sarriana foi o equipo lucense Barrigas Verdes, que derrotou por 21-20 na prórroga  ao Segunda Unidad. O terceiro posto foi para os betanceiros do Big Three, que venceron aos lucenses The Special One. Pola súa banda, Rubén Pernas gañou o concurso de triplas e proclamouse MVP da competición. Tamén foron premiadas as compoñentes do equipo Las Teresitas. O torneo foi patrocinado por Ambar e Cristo Galicia, coa colaboración de Terraza Meigallo, Embutidos Teijeiro, Panadería Pallares e Tiro Libre SCQ.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta continuará a apoiar as escavacións de Cova Eirós o vindeiro ano

Seguinte Nova

O Concello de Monforte apoiará a participación de Andrés Saco, do club Quixós, no Mundial de Augas Bravas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: