Exposición fotográfica de Pili Chaos na Casa da Xuventude de Chantada

Pili Chaos na inauguración da súa mostra fotográfica na Casa da Xuventude de Chantada, o 21 de agosto.
(Foto: MONTERO).
•A Casa da Xuventude de Chantada continúa coa súa actividade ininterrompida ao longo do verán, cunha nova proposta cultural coa que dar remate á programación destes meses.
Dende o 21 de agosto, pode verse neste espazo expositivo a mostra fotográfica titulada «A Ribeira Sacra e as súas xentes», asinada pola fotógrafa monfortina Pili Chaos.

 

«A Ribeira Sacra e as súas xentes» é o título da exposición da fotógrafa monfortina Pili Chaos. CXCH
IDENTIDADES DAS PAISAXES E DAS XENTES
A autora ofrece unha visión diferente das tradicionais imaxes en torno á vendima e ás paisaxes vitivinícolas destas terras. Pili Chaos recolle non só as paisaxes naturais do territorio vinculado ao viño, senón tamén moitos retratos que amosan aos protagonistas en momentos cotiáns da súa vida diaria.
Ademais da singularidade que outorga a cultura do viño ás panorámicas do territorio, Pili Chaos tamén incorpora unha ollada creativa sobre a paisaxe ferroviaria, de tan fonda raigame no Val de Lemos, xunto con instantáneas que rexistran o efecto da néboa, característica desta zona.
MOSTRA ABERTA ATA O 20 DE SETEMBRO
A exposición fotográfica «A Ribeira Sacra e as súas xentes», de Pili Chaos, pode verse ata o 20 de setembro na Casa da Xuventude de Chantada, en horario de tarde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cheo absoluto nos voos en globo pola Ribeira Sacra no verán

Seguinte Nova

Rioseco continúa a tradición da Festa da Tortilla

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: