• Ao longo do verán, e aproveitando as vacacións escolares, a Consellería de Educación vén de realizar diversas obras de mellora en catro centros educativos do sur de Lugo.
OBRAS NO CEIP XOÁN DE REQUEIXO E NO IES VAL DO ASMA
En concreto, no municipio de Chantada, a Consellería investiu un total de 26.300 euros en arranxos no CEIP Xoán de Requeixo, e no IES Val de Asma. Segundo precisou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, no CEIP Xoán de Requeixo procedeuse a construír un novo peche en torno ao patio infantil, xa que o muro estaba deteriorado. Ademais, realizáronse reposicións puntuais de azulexos nos baños do colexio. Pola súa banda, os arranxos no IES Val do Asma consistiron na instalación dun novo grupo electróxeno.

MÁIS DE 10.000 EUROS EN OBRAS NO COLEXIO A GÁNDARA E NO IES A PINGUELA
Así mesmo, en Monforte a Consellería procedeu a realizar melloras no CEIP A Gándara e no IES A Pinguela. Neste instituto, melloráronse os aseos destinados a persoas con mobilidade reducida, e adaptáronse os da segunda planta, que ata agora non contaban coa axeitada accesibilidade. Este tipo de arranxo tamén se realizou no CEIP A Gándara, no que se incluiu o cambio de fiestras.
Balseiro explicou que as melloras están incluídas na segunda fase das obras de conservación e mantemento dos centros educativos da provincia, que suman máis de 50 actuacións iniciadas a comezos do verán.•