O Concello de Monforte apoiará a participación de Andrés Saco, do club Quixós, no Mundial de Augas Bravas

O alcalde, José Tomé, recibiu ao deportista Andrés Saco e a membros da directiva do club Quixós de piragüismo. GPCM

O alcalde de Monforte, José Tomé, comunicou aos responsables do club Quixós que o Concello vai colaborar con esta entidade para que o deportista local Andrés Saco poida estar presente no Campionato do Mundo. A proba na que competirá o piragüista monfortino, na modalidade de descenso de augas bravas, terá lugar na localidade francesa de Pau entre o 25 de setembro e o 1 de outubro. No encontro mantido co rexedor monfortino participaron, ademais do deportista Andrés Saco, o presidente do club Quixós, Roberto Baliño, o secretario da entidade, Santiago Díaz, e o vogal José Luis Saco. José Tomé xustificou esta decisión porque «non podíamos permitir que alguén que se clasifica para un mundial deixe de ir por falta de medios». O alcalde argumentou que «Andrés Saco, ademais de representar a España, estará dando a coñecer a cidade de Monforte fóra das nosas fronteiras».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Completado un intenso verán de actividades para todos no CB Sarria

Seguinte Nova

Chantada volcouse para celebrar e reivindicar o Folión de Carros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss