•O establecemento, situado no miradoiro soberino de Cadeiras, botou a andar hai dous anos
•O primeiro de setembro, deuse a coñecer a incorporación do Restaurante Merenzao, de Cadeiras, á Guía Repsol. O establecemento soberino, que cumpliu este verán o seu segundo ano de andadura, convirte a Sober nun dos poucos concellos rurais de Galicia con presenza nesta afamada Guía.
A nova foi anunciada no miradoiro de Cadeiras, preto do Restaurante Merenzao, polo seu responsable, José Ramón Martínez Mareque, o xefe de cociña, Carlos J. González, e o alcalde, Luis Fernández Guitián. No acto, estiveron acompañados do equipo de profesionais do restaurante, así como de varios produtores locais.
Os responsables de Merenzao recibiron «por sorpresa» a entrada na Guía Repsol, na que figuran 11 restaurantes da provincia, dous deles de Monforte. O alcalde agradeceu o interese dos promotores por desenvolver o proxecto en Sober. Pola súa banda, Mareque agradeceu ao Concello o apoio a un proxecto «tan arriscado», e ao persoal e proveedores do restaurante polo seu «saber facer, sacrificio e profesionalidade». Carlos J. González afirmou que este fito «cárganos a todos de ilusión para afrontar o futuro».•