A Ribeira Sacra do Miño, na ollada de Esther Laudo nunha exposición en Chantada

Ata o 30 de setembro pode verse na Casa da Cultura de Chantada a exposición fotográfica de Esther Laudo.
EC

• A Casa da Cultura de Chantada está a acoller, ata o 30 de setembro, a exposición «Porque me duele si me quedo, pero me muero si me voy», asinada por Esther Laudo. Esta mostra, que reúne unha vintena de imaxes, amosa a visión da Ribeira Sacra do Miño a través da mirada desta fotógrafa catalana.


Laudo describe a súa fascinación por estas paisaxes na primeira visita que realizou á Ribeira Sacra. No texto que acompaña á exposición, describe o «desbordamento interno provocado pola beleza desproporcionada de aquelas montañas» que ve nunha viaxe en barca polo Miño.
Este sentimento foi o que lle moveu a voltar ata en cinco ocasións máis, e captar as paisaxes e as historias, nas que se funden camiños e pasos, detalles que foi captando ao contacto coas xentes da Ribeira do Miño. Esta empatía levouna a recordar as viaxes do seu avó, que tamén, como tantos galegos, marchou un día á Arxentina.
Historias de nostalxias e de afectos, que agora narra en imaxes a través da «descomunal beleza» desta terra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Música galega de onte e de hoxe na cuarta edición do festival As Cores do Outono

Seguinte Nova

A Deputación aporta 655.000 euros para o novo saneamento de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A forza das tradicións populares

A estrea de “Rondallas” confirmou os prognósticos: o novo traballo de Daniel Sánchez Arévalo converteuse nun fenómeno de taquilla en Galicia, cunha
Ir aInicio

Don't Miss