•As obras nesta igrexa soberina servirán para eliminar as humidades que deterioran as pinturas murais, datadas no século XVI

• Sober contará cun novo investimento da Xunta para conservar o seu patrimonio cultural. A comezos de setembro, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia a formalización do contrato de obras de mellora que se van realizar na igrexa de San Vicente de Pinol. Os traballos, que se licitaron no mes de marzo por un importe total de 185.544 euros, foron adxudicados á empresa Rehabita, por un importe final de 127.500 euros máis ive.
CINCO MESES PARA EXECUTAR OS TRABALLOS
As obras, cofinanciadas no 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, teñen un prazo de execución de 5 meses.
Segundo explicaron dende a Consellería, con estas obras vanse mellorar as condicións de habitabilidade e funcionalidade do templo soberino, eliminando a entrada de humidades, o que suporá unha mellor conservación das pinturas murais, datadas no século XVI.

DETALLE DAS OBRAS INCLUÍDAS NO PROXECTO DE MELLORA
Os responsables da Consellería precisaron que, nunha primeira fase, as tarefas centraranse na conservación do artesoado actual, para continuar con tarefas estruturais na nave principal e nos demais módulos da edificación.
Os acabados exteriores adaptaranse ás características dos elementos da fábrica, empregando morteiro de cal para as canterías da nave principal, e revocando á morica os paramentos do cruceiro.
Ademais, levarase a cabo a drenaxe das filtracións do chan, así como a renovación da porta da reitoral e a mellora da ventilación. Tamén se realizarán arranxos na instalación eléctrica e na iluminación.•