
• A urbanización e mellora da Ponte das Bernardas en Ferreira iniciouse este verán, cun orzamento de preto de 230.000 euros. A financiación está recollida nun convenio de colaboración entre o Concello de Pantón e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda. O importe foi aportado pola Xunta de Galicia, mentres que o Concello asumiu a redacción do proxecto, e a contratación e execución dos traballos.
Ademais das beirarrúas entre a ponte e o cruce de Sober, as obras inclúen un ensanche da ponte nuns catro metros, grazas á eliminación duns alpendres que obrigaban a un estreitamento do paso. •