Visita institucional á vendima na Ribeira Sacra de Pantón

•A conselleira de Medio Rural achegouse á aldea de Míllara e gabou a recuperación do territorio polo viño

 

Imaxes da visita da conselleira de Medio Rural á adega Míllara, no municipio de Pantón, o día 11. GPXG

• A mediados de setembro, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, achegouse a Pantón para coñecer in situ os traballos de vendima. A visita centrouse nas instalacións e viñedos da adega Míllara, na que destacou o «importante labor de restauración» levado a cabo polo propietario da firma, Fernando de Santiago, nesta aldea abandonada.
RECUPERACIÓN DE TODA UNHA ALDEA
A adega ten unha superficie de 700 metros cadrados, é de orixe medieval, e a súa restauración, que supuxo a compra e rehabilitación de todas as casas da aldea, respectou os elementos arquitectónicos e materiais propios da zona. Vázquez destacou o exemplo da adega Míllara como «mostra da importancia» do mundo do viño en Galicia, xa que a posta en marcha desta firma «chegou a recuperar todo un pobo».
Na visita, Vázquez estivo acompañada polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Reflexión en Monforte sobre o ferrocarril e a súa proxección gráfica

Seguinte Nova

Convenio entre Concello, Abanca e Afundación para ver en Monforte a exposición fotográfica de Ruth Mathilda Anderson sobre a Galicia dos anos 20

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss