17 axentes de viaxe visitaron a Ribeira Sacra da man do Consorcio de Turismo

Imaxe dos profesionais turísticos que participaron na visita á Ribeira Sacra, organizada polo Consorcio. CTRS
• O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra continúa coa axenda de actividades promocionais de cara aos profesionais do turismo. Aproveitando a presencia da entidade na 17ª Feira Internacional de Turismo Termal, Salud y Bienestar Termatalia 2017, celebrada en Ourense os días 21 e 22 de setembro, os responsables do Consorcio invitaron a 19 axentes de viaxes a unha visita guiada pola Ribeira Sacra.
VIÑO, GASTRONOMÍA, ROMÁNICO E RUTA FLUVIAL
Estes profesionais puideron coñecer de primeira man, acompañados por guías especializados, diversos puntos deste territorio. O itinerario incluiu unha aproximación ao románico de Pantón e unha visita a unha adega de Amandi con degustación de viños, así como un xantar con produtos típicos. A xornada completouse cunha travesía en catamarán, organizada pola Deputación de Lugo, e acceso ás instalacións do Balneario Oca Augas Santas.
O Consorcio de Turismo integrou esta visita dentro da súa actividade promocional na feira Termatalia 2017, na que participaron 260 expositores e visitantes profesionais de 40 países.•

•O Consorcio asina un convenio para poñer en valor os esgrafiados da Ribeira Sacra

• A protección e posta en valor dos esgrafiados é o obxectivo do proxecto que vai desenvolver o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, aprobado no último Pleno da entidade, e que se financiará cos preto de 42.000 euros do convenio asinado con Turismo de Galicia.
Segundo explicaron dende o Consorcio, esta idea xurdiu da ampliación do proxecto muralístico «Un toque de cor na Ribeira Sacra», que se vén desenvolvendo nos concellos vinculados a este organismo supramunicipal, para recuperar fachadas en espazos públicos con creacións gráficas vinculadas á iconografía destas terras. A nova iniciativa pretende conxugar o embelecemento dos espazos a través de técnicas modernas coas tradicionais aportacións dos esgrafiados.
Este proxecto implicará o estudo e publicación dunha guía dixital sobre os esgrafiados na Ribeira Sacra, zona que presenta a maior concentración deste ornamento en Galicia. Os esgrafiados son adornos a base de cintas ornamentais nas fachadas de cachotería ou perpiaño, ou ben un revocado con elementos artísticos, empregando o cal como material predominante.
Tamén está prevista a recuperación dos esgrafiados existentes, a creación doutros novos, así como a realización de novos murais a cargo de artistas internacionais, e encontros con creadores locais. Todo isto, dentro dun programa de obradoiros e actividades divulgativas en torno a estes elementos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Balance dos investimentos provinciais no municipio de Samos

Seguinte Nova

O Ben Empregado xerou 644 novos empregos dende a primeira edición

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss