• Xa está en marcha o programa de actividades do Outono Fotográfico 2017 na Casa da Xuventude de Chantada. Neste espazo pode verse ata o 20 de outubro a mostra “De Festa…”, da fotógrafa Luisa Lorenzo.
GALICIA NAS SÚAS FESTAS MÁIS SENLLEIRAS
Ao longo dunha vintena de imaxes, Lorenzo ofrece un itinerario visual polas celebracións máis senlleiras de Galicia. Dende o Globo de Betanzos na provincia da Coruña, ata a Festa do Pulpo na localidade ourensá do Carballiño, as fotografías de Luisa Lorenzo resumen os elementos máis significativos da fenomenoloxía festiva de Galicia. Unha liturxia que trascende no tempo a través dos sabores da gastronomía, da homenaxe ás labores tradicionais, ou dos fitos singulares que marcaron época. E todo iso, coa impronta das súas xentes, elementos vivos que cambian a paisaxe cotiá nun éxtase colectivo de ledicia.•