O Ben Empregado xerou 644 novos empregos dende a primeira edición

•Balance deste programa da Deputación na apertura do prazo para que empresas, autónomos e entidades se sumen ao Ben Empregado 4

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, e a deputada de Promoción Económica, Sonsoles López Izquierdo, no balance global do programa Ben Empregado, a finais de setembro. GPDL
• O programa Ben Empregado, posto en marcha pola Deputación de Lugo para impulsar o emprego na provincia, vén de iniciar a súa cuarta edición. Esta iniciativa provincial leva xerados 644 novos postos de traballo dende a primeira edición, segundo informaron o voceiro do Executivo, Álvaro Santos Ramos, e a deputada de Promoción Económica, Sonsoles López Izquierdo. Da primeira quenda, que é a que está completada na súa totalidade, seguiron traballando despois de rematar a subvención provincial preto de 70 lucenses, o que supón unha inserción laboral do 30%. No Ben Empregado, a Deputación subvenciona os custes laborais dos desempregados lucenses que sexan contratados por empresas ou entidades durante un ano. Na segunda edición, aínda en marcha, o grao de inserción é do 25%, e na terceira quenda do Ben Empregado, que está en fase de asignación de candidatos, xa están a traballar 123 persoas.
O importe da subvención que asume o organismo provincial é do total dos custes laborais nos casos de contratación de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión. A achega provincial abrangue o 90% destes custos cando o contratante sexa unha entidade sen ánimo de lucro. A aportación institucional cubrirá o 50% do gasto por traballador no resto dos casos.
PRAZO ABERTO
A cuarta edición do Ben Empregado conta cunha dotación de 2,2 millóns de euros, cos que a Deputación de Lugo aportará ata 22.000 euros para os gastos laborais por traballador nun mínimo de 150 empresas ou entidades lucenses sen ánimo de lucro.Para seleccionar a que firmas ou asociacións se conceden estas achegas, a Deputación terá en conta a aquelas que non teñan participado antes no Ben Empregado, as que ofrezan contratacións indefinidas, medidas de conciliación laboral, de protección mediambiental e responsabilidade social corporativa, ademais de ás novas empresas, ás emprendidas por mulleres, mozos ata 35 anos e maiores de 45.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

17 axentes de viaxe visitaron a Ribeira Sacra da man do Consorcio de Turismo

Seguinte Nova

O Concello de Monforte anuncia máis melloras en rúas e pistas rurais por preto de 400.000 euros

Últimas noticias sobre EMPREGO

A %d blogueros les gusta esto: