Obradoiros gratuítos de graffiti, breakdance ou parkour en Bóveda para a mocidade a partir de 12 anos

O alcalde de Bóveda e a concelleira de Cultura na presentación dos obradoiros. CB
• Bóveda está a acoller 3 obradoiros de iniciación en actividades da Cultura Urbana.
BREAKDANCE, GRAFFITI, PARKOUR OU DANZAS DE RÚA
Breakdance, graffiti, beatbox, e turntablism dj, así como danzas de rúa e parkour park móbil serán as opcións lúdicas e participativas nas que poderán tomar parte, de xeito gratuíto, rapaces e rapazas a partir de 12 anos.
Segundo explicaron dende o Concello de Bóveda, esta iniciativa desenvólvese en tres quendas, en horario de cinco a oito da tarde.
A estrea dos obradoiros de iniciación á Cultura Urbana tivo lugar o venres 6 de outubro, cunha primeira sesión no Campo da Feira de Rubián. A segunda cita celebrarase o domingo 8 de outubro na Praza  da Filgueira da capitalidade municipal de Bóveda.
A derradeira sesión terá lugar o xoves 12 de outubro, no Pavillón Municipal de Bóveda.
INSCRICIÓN PREVIA
Os interesados deberán anotarse nos teléfonos 982 42 61 77 e 618 65 40 78, ou por correo electrónico no enderezo cultura@concellodeboveda.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Acordo entre Medio Rural e o Concello de Monforte para financiar melloras en accesos

Seguinte Nova

A Xunta financiou con 22.000 obras de mellora na estrada LU-146 en Bóveda

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: