•No programa, que ofrece formación e emprego a 20 alumnos, participan os concellos de Ribas de Sil e Folgoso do Courel
• A comezos de outubro, arrancou o obradoiro de emprego SILLOR IV, unha iniciativa integrada no programa mixto de emprego e formación que ofrece a Xunta de Galicia. Un total de 20 alumnos e alumnas beneficiaranse dun contrato de traballo e dun programa formativo ao longo de nove meses, durante os que realizarán obras ou prestarán servizos de interese social e xeral nos municipio de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel.
SINATURA DOS CONTRATOS NUN ACTO NA CASA DA CULTURA
A inauguración do obradoiro tivo lugar o luns 2 de outubro, nun acto na aula CeMIT da Casa da Cultura de Quiroga, coa presenza da alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro; o tenente de alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro; e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. Este Concello é o que emite os contratos que asinaron os participantes desta cuarta edición do obradoiro, solicitado conxuntamente polos tres municipios.

SATISFACCIÓN DOS TRES CONCELLOS POR ESTA “INICIATIVA COMÚN PARA XERAR EMPREGO”
Logo da sinatura, o tenente de alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, salientou a “satisfacción” por esta “iniciativa común” entre os tres concellos “para xerar emprego aínda que sexa por un breve periodo de tempo”. Castro destacou as vantaxes deste programa mixto de formación e emprego que “dá cualificación para acadar unha maior empregabilidade”.

BOA COLABORACIÓN ENTRE OS TRES MUNICIPIOS EN PROL DA CONTORNA
A boa disposición para traballar xuntos foi tamén destacada pola alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, que puxo este obradoiro de emprego como exemplo de que “colaborar entre todos dá o mellor froito para todos”. A rexedora courelesa salientou que esta liña colaborativa estase a formalizar un bo número de proxectos en varias áreas de desenvolvemento, tanto en obras xa en marcha como no impulso de proxectos a longo prazo. Dolores Castro lembrou a iniciativa do Xeoparque Montañas do Courel como unhas das apostas nesta liña de acción.

OBRAS E SERVIZOS DE INTERESE XERAL
A busca dunha mellora na calidade de vida da veciñanza destes municipios é un dos obxectivos do obradoiro, segundo precisou o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. O rexedor quirogués destacou a aportación das obras e servizos que van realizar os participantes, así como as vantaxes que suporá para os beneficiarios esta experiencia formativa e laboral.
Álvarez desexou que estes meses “sexan de proveito” para o alumnado, ao tempo que lles deu a benvida “a esta empresa, porque o obradoiro ten tamén, como unha empresa, unhas normas de disciplina e de traballo”.•