Consultas co sector da agricultura ecolóxica para elaborar o plan estratéxico

Reunión da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, na reunión sobre a agricultura ecolóxica, o 14 de outubro. GPXG
• A elaboración do plan estratéxico da agricultura ecolóxica de Galicia deu este mes un novo paso. O día 14, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, mantivo unha xuntanza con directivos e técnicos do Consello Regulador para levar a cabo unha análise detallada de como está actualmente o sector na nosa Comunidade.
A AGRICULTURA ECOLÓXICA, UN DOS «EIDOS ESTRATÉXICOS» DO MEDIO RURAL DE GALICIA
O balance sectorial realizarase sobre unha enquisa a produtores, comercializadores e axentes implicados na agricultura ecolóxica. Segundo precisou Do Campo, os datos que se obteñan desta evaluación servirá para deseñar as accións de apoio, fomento, ordenación e planificación deste sector, considerado pola Xunta como un dos «eidos estratéxicos» do medio rural da nosa Comunidade.
SAÚDE E FROITA ECOLÓXICA
Segundo os datos manexados nesta reunión, os produtos da agricultura ecolóxica son coñecidos polo 92% dos galegos. Os consumidores decídense por estes produtos pensando na saúde, e compran sobre todo froita, verduras frescas e lácteos.
Os datos do Consello Regulador falan dun aumento de preto do 36,5% en tan só un ano na superficie adicada á agricultura ecolóxica, que acada agora as 27.000 hectáreas. O volume de negocio medrou máis do 25%, ata sumar 41,7 millóns de euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto de 5.500 persoas visitaron a VIII Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño

Seguinte Nova

As parroquias de San Xoán de Loio e Cortes contarán cun novo sistema de abastecemento

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: